A VIDA INCERTA

A VIDA INCERTA de

Portada de A VIDA INCERTA
Resumen

Biografía de Virxinia Pereira.

Cantidad
  • 15,90 CHF

Categoría: Biografías y memorias

Editorial CUMIO

Autor FAJARDO, Montse

EAN/ISBN: 9788482895451

Incorporado en el catálogo: 06/09/2024

Formato: TAPA DURA

Subtítulos: Edición en galego

Número de páginas: 304

Se algo ensina a biografía de Virxinia Pereira é que a vida é un camiño incerto. Coñecida sobre todo por ser a dona de Castelao, Virxinia Pereira foi unha muller polifacética que loitou moito soa sobre todo cando o seu home comezou a andaina política, que os levaría ao exilio despois de que impactase o golpe de estado naquel verán fatídico de 1936.

A maioría da xente non sabe como se chamaba a muller de Castelao, e entre a xente que si o sabe, prevalece a idea errónea de que Virxinia Pereira Renda -que así se chamaba- non era mais ca unha señorita conservadora, relixiosa e algo superficial da Estrada. Como moito, xorde a abnegada enfermeira e compañeira do home no exilio que si era, pero hai máis.

Esa imaxe deixaba atrás outras facetas dunha muller que permaneceu rexa durante o tempo en que padeceu os rigores do exilio coa mesma intensidade que Castelao, e aínda así puxo por riba de todo a defensa dos valores galeguistas, republicanos e antifascistas que pode que lle trasmitise el, pero que ela asumiu coma propios e defendeu ata o final da súa vida.