Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario 'rosaliano'
Categoría: Poesía
EAN/ISBN: 9788496957299
Incorporado en el catálogo: 02/09/2024
Formato: TAPA DURA
Subtítulos: Imaxes de Belén Padrón
Número de páginas: 64
A lúa, ese ser cambiante / que muda a súa cara de espello circular. / Señora das mareas, astro de fecundidade. / Ritmos lunares para dar medida ao tempo, / ao tempo poético.
Fráxil e profunda, Rosalía de Castro transitou pola vida con palabras de revelación e misterio, de xeito adverso. Nun país sen voz propia, foi a primeira en atopar o nome non escrito das nosas cousas. Os libros "Cantares gallegos" e "Follas novas", aos que pertencen os versos desta escolma, son textos reivindicativos que enxalzan a terra, a muller galega, os nenos, os vellos, os desposuídos... A poeta muller nunha Galicia analfabeta no seu idioma, a muller orfa de nenez, de saúde precaria e agoniada polas penas, que asumiu a defensa e canto do país, é un mito das letras e da galeguidade, en calquera recuncho do mundo.
Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario rosaliano. Imaxes de contido onírico e simbólico sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida da paisanaxe, as inxustizas sociais, a saudade, o desacougo interior... Un libro que se pode expoñer na casa aberto nunha mesa, nun atril... para que ao pasar as páxinas, os seus versos e estampas nos enchan coa súa presenza.
Trece poemas de Rosalía de Castro: Nasín cando as prantas nasen -Maio Longo - Adiós ríos, adiós fontes - Mais ve que o meu corazón - Pra a Habana - Soia - Cando penso que te fuches - Campanas de Bastavales - Que pasa ao redor de min - Unha vez tiven un cravo - Tecín soia a miña tea - Tal como as nubes - Cando era tempo de inverno
Ilustracións inspiradas na lectura dos poemas
Anexo coa versión orixinal dos textos
Colaboración da Fundación Rosalía de Castro
PUEDES HOJEAR AQUÍ ALGUNAS PÁGINAS