Antoloxía poética galega de Rosalía de Castro
Categoría: Libros en CATALÁ, EUSKERA, GALEGO y VALENCIÁ
EAN/ISBN: 9788415165736
Incorporado en el catálogo: 16/08/2018
Formato: TAPA DURA
Subtítulos: Selección de Elsa Baluja, con ilustraciones de Jacobo Muñiz
Número de páginas: 142
Rosalía de Castro (1837-1885) é a figura máis insigne das nosas letras. Iniciou o chamado Primeiro Renacemento galego e deulle prestixio à nosa lingua cando se percibía como un dialecto. Asemade é unha das figuras principais do Romanticismo español e, en opinión de Juan Ramón Jiménez, predecesora de Rubén Darío e da revolución poética que supuxo o modernismo.
Esta antoloxía, preparada pola profesora Elsa Baluja, escolma corenta poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas, nos que a poeta concilia a lixeireza rítmica dos cantares populares coa denuncia dos problemas da Galiicia rural: a pobreza, a emigración dos homes ou a soidade das mulleres.
A percepción melancólica da vida e a fondura reflexiva, tan características na obra rosaliana, están reflectidas con especial intensidade simbólica nas ilustración do eumés Jacobo Múñiz.