OS ESCUROS SOÑOS DE CLIO

OS ESCUROS SOÑOS DE CLIO de

Portada de OS ESCUROS SOÑOS DE CLIO
Resumen

Doce relatos imaxinativos nos que Casares xoga coa historia

Cantidad
  • 14.90 CHF

Categoría: Autores/as españoles/as

Editorial ARBORÉ/GALAXIA

Autor CASARES, Carlos

EAN/ISBN: 9788471544780

Incorporado en el catálogo: 19/04/2017

Formato: LIBRO RÚSTICO

Número de páginas: 136

Doce relatos imaxinativos nos que Casares xoga coa historia

Este libro de relatos, o segundo no xénero na obra de Carlos Casares, publicouse por primeira vez en 1979. Desde entón, alcanzou varias edicións. Foi Premio da Crítica en 1980 e mereceu os honores da tradución ao ruso e ao castelán. En xeral, os críticos considérano un dos mellores libros do seu autor. Son, segundo Gonzalo Torrente Ballester, "bromas gastadas á Historia con enxeño xoguetón e perspicaz, cunha graza de fondas raíces que, se unha se enrosca no corazón a outra se crava na intelixencia, e dá ese resultado indefinible que é a flor da literatura". En doce relatos, baseados todos eles en referencias bibliográficas nas que se mesturan a fantasía coa realidade, Carlos Casares faille guiños cómplices a Clío, a musa da Historia, cunha clara intención paródica. Estes contos introduciron na literatura galega un xeito distinto de tratar cousas como a historia, enxergada aquí como o resultado dos soños traxicómicos e malhumorados dunha musa imprevisible e algo excéntrica.