ATRAPAMIRADAS (galego)

ATRAPAMIRADAS (galego) de

Portada de ATRAPAMIRADAS (galego)
Resumen

Mentres os adultos vivimos adictos aos dispositivos móbiles, estamos perdendo “cousas marabillosas”. Pero alguén descubriu como recuperar a comunicación verdadeira!

Cantidad
  • 19,90 CHF

Categoría: A partir de 6 años

Editorial KALANDRAKA

Autor NÚÑEZ, Marina

EAN/ISBN: 9788413430089

Incorporado en el catálogo: 03/06/2024

Formato: TAPA DURA

Subtítulos: Ilustraciones de Avi Ofer - Traducción al galego de Manuela Rodríguez

Número de páginas: 40

Mentres os adultos vivimos adictos aos dispositivos móbiles, estamos perdendo "cousas marabillosas". Pero alguén descubriu como recuperar a comunicación verdadeira!

«Atrapamiradas» é o espello da realidade no que moitas nenas e nenos se ven reflectidos cada día, cunha sociedade enganchada aos dispositivos móbiles. Pero por infinita que sexa a oferta de chamadas, mensaxes, fotos, música, redes sociais, aplicacións e páxinas web polas que navegar, nada é equiparable ás "cousas máis marabillosas" que se poden apreciar, non a través dunha pantalla, senón da retina.

A protagonista desta historia de Marina Núñez e Avi Ofer, finalista do XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, decide tomar a iniciativa para invertir esa tendencia: que a comunicación interpersoal volva estar no centro da vida cotiá. Vera atopará axuda nalguén moi especial que non sucumbiu aos encantos dixitais e que, por riba de todo, dedica o seu tempo ao que é verdadeiramente importante.

A axilidade e a frescura do texto están en consonancia cunhas ilustraciones dinámicas, de trazos áxiles e bosquexados, que se sitúan en escenarios tanto urbanos como domésticos. Suavemente coloreadas, sinxelas e cunha acentuada expresividade das emocións, xogan tamén cos elementos simbólicos e cos acenos humorísticos.

Podes ler as primeiras páxinas aquí.